Decidimos embarcar outra vez nun ferry e ir ás illas Vestmannaeyjar, situadas preto da costa sur de Islandia. Mentras esperábamos o noso barco, visitamos estas dúas singulares fervenzas moi próximas entre sí.
Na fervenza de Seljalandsfoss se pode camiñar perfectamente por detrás da caida da auga:
Sen embargo, a fervenza de Gljúfurárfoss está agachada dentro dunha estreita grieta rochosa e para vela na sua totalidade é necesario camiñar uns metros polo cauce do rio, con auga ata os xeonllos.
Pola tarde chegamos a Heimaey, a única illa habitada do arquipélago de Vestmannaeyjar. Estas illas son de orixe volcánica, con unha antigüedade duns 5000 anos, pero en 1963 houbo unha nova incorporación cando a illa de Surtsey naceu no océano dunha erupción volcánica que durou 4 anos. Esta illa, que ten menos de 50 anos, non se pode visitar porque foi desde o primeiro momento reservada polos científicos para observar cómo as distintas especies vexetais e animais van colonizando territorio virxe.
E no ano 1973 a illa Heimaey fíxose mundialmente famosa porque un novo volcán apareceu de repente ao lado do casco urbano e toda a poboación tivo que ser evacuada. Na foto pódese ver na dereita un cono volcánico de 5000 anos de antigüedade e ao seu lado o novo volcán de 37 anos coa colada de lava que enterrou parte do pobo.