Comezamos o dia con un café que tomamos en Kaffi Bryggjan, no porto de Grindavik, un café-bar de mariñeiros no que nos trataron con moita simpatía e hospitalidade.
Polo demais, dia de poucas experiencias. Visitamos a central xeotérmica de Reykjanesvirkjun, que é unha das mais avanzadas de Islandia. Producen enerxía eléctrica a partir do vapor que sacan dunha enorme bolsa de auga salgada situada a 2000 m de profundidade e que está aproximadamente a 400 graos de temperatura.
E botamos un pé en América, pois pola península de Reykjanes pasa a liña divisoria entre as placas tectónicas americana e europea. As dúas placas se separan entre sí, o que fai que ambos continentes se vaian alonxando, aumente a anchura do oceano Atlántico e tamén a anchura de Islandia. Aínda que a media é duns 2 cm ao ano, a separación realmente se produce con movementos bruscos que ocurren despois de longos períodos de calma, manifestándose como terremotos e raras veces como erupcións volcánicas.
Un dos símbolos en Islandia de este fenómeno é a chamada “Ponte entre dous continentes”, que ten un pé na placa americana e outro na europea: