Aproveitando un dia de chuvia, frio e vento, achegámonos á área xeotermal de Hveragerði, chea de fumarolas, pozas de auga e barro fervendo e cursos de auga quente.
Camiñamos unha hora por este lugar para achegarnos a un punto onde se xuntan dous pequenos rios, un de auga moi quente e outro de auga moi fria, resultando unha mezcla de auga a 42 graos, moi agradable para o baño. A única intervención humana no sitio son unhas pequenas represas de pedras para aumentar un pouco a profundidade. A pesar do frio e a chuvia, puxemos os bañadores e estivemos un bó rato a remollo, xunto con outras persoas que se achegaban a facer o mesmo.
Posteriormente fomos ver uha enorme cova por onde circulou no século XI un rio de lava. Ainda que a cova ten mais de 1 km, só camiñamos unhas decenas de metros na entrada porque non tiñamos linternas que alumeasen suficientemente.