29 DE XULLO DE 2010
 

O Parque Nacional de Þingvellir é o lugar de maior interese histórico de Islandia, ademais de ter grande importancia xeolóxica. No ano 930 os vikingos que colonizaron Islandia estableceron aquí o primeiro parlamento democrático do mundo, o Alþing. Facíase unha reunión anual no verán que duraba un par de semanas, na que se discutían leis e se celebraban xuízos, e se trataban outros asuntos importantes.
Xeoloxicamente se caracteriza por ser un “rift”, un lugar onde a cortiza terrestre se estira ata que rompe dando lugar a numerosas fisuras e gretas.


A uns quilómetros desta zona se pode presenciar un dos fenómenos xeolóxicos mais espectaculares. Un geiser se produce cando a base dun pozo natural de auga está formada por pedra moi quente, o que vai quentando a auga do fondo ata que se convirte subitamente en vapor e sae cara a superficie empuxando toda a auga que está enriba de el. A palabra islandesa geysir significa “surtidor”, e con ela se denomina este fenómeno en todo o mundo.
O primeiro do que se tivo noticia é o vello Geysir, que entrou en erupción no século XIII, e expulsaba un chorro de uns 80 metros de altura. Pero como era bastante irregular, a xente botáballe pedras e xabón para provocar a erupción, polo que foi perdendo forza ata que se apagou no século XX. Hoxendia é un grande cráter cheo de auga fervendo que todavía bota vapor e erupciona de vez en cando alcanzando pouca altura.
A escasos metros do vello Geysir está Strokkur, que cada 5 minutos aproximadamente expulsa unha columna de auga e vapor a 20 ou 30 metros de altura, sendo así o geiser mais frecuente e regular do mundo e un dos mais altos. En ocasións, incluso erupciona dúas ou tres veces seguidas.


Acabamos o día con outro espectáculo natural. Despois de ter visto moitas fervenzas neste pais e en outros, Gullfoss é a primeira á que lle podemos chamar catarata, pola enorme cantidade de auga que cae por ela en cada instante.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *