– 1ª Etapa: 18 de xullo. Landmannalaugar-Hrafntinnusker
Chegamos a Landmannalaugar despois de dúas horas en autobús por pista sen asfaltar. Outra vez o traxecto incluía vadear varios rios. Esta é unha zona con moita actividade hidrotermal, fontes con auga quente, fumarolas e solfataras. Impresionounos este lugar tan apartado e con unha paisaxe tan árida, que será unha constante nos seguintes días.
Voltamos a atoparnos coas coloridas montañas de riolita, unha rocha volcánica moi branda que se erosiona con moita facilidade.
A mestura de riolitas con outras rochas volcánicas da lugar a bonitas paisaxes.
Isto é un campo de lava solidificada, procedente dunha erupción do século XV.
Do mesmo magma que nace a riolita, cando se enfria rápidamente pola acción da auga, da lugar a unha rocha de cor negra.
En toda esta zona se respira un inconfundible cheiro a xofre, procedente das solfataras que emanan vapores con hidróxeno sulfurado e que deixan no terreo depósitos amarelos de mineral de xofre.
O campo de solfataras de Stórihver ten este aspecto:
O mais espectacular é ver e escoitar o vapor de auga e a auga sair das entrañas da terra.
Rematamos a xornada acampados no refuxio de Hrafntinnusker, a 1100 metros de altitude.
– 2ª Etapa: 19 de xullo. Hrafntinnusker-Álftavatn
Nesta curta etapa a paisaxe vaise facendo aínda mais árida, atravesando unha zona de rochas desnudas como estas riolitas.
A cinza do volcán Eyjafjallajökull, que entrou en erupción este último mes de maio, manchaba de negro a neve que se conserva durante todo o ano:
– 3ª Etapa: 20 de xullo. Álftavatn-Emstrur
Non pensábamos que fora posible mais aridez, pero neste día o entorno era totalmente desértico. Camiñamos sobre unha mestura de dunas de area negra e rochas volcánicas:
Ao final chegamos ao refuxio de Emstrur, que nos pareceu un oasis.
– 4ª Etapa: 21 de xullo. Emstrur-Þórsmörk
Non perdimos de vista durante o camiño os glaciares de Tindfjallajökull, Mýrdalsjökull e Eyjafjallajökull, todos manchados de negro polas cinzas do volcán situado baixo este último. Acabada xa a erupción de maio, todavía sae vapor da cima de Eyjafjallajökull. O glaciar está tan negro que non se distingue o xeo da rocha.
A medida que nos achegábamos ao volcán todo estaba mais cuberto de cinza, e tivemos que camiñar por momentos sobre unha capa de varios centímetros de grosor. Cando marchabamos de Þórsmörk, o vento levantou a cinza ocultando o sol e dificultando a visibilidade.