12 DE AGOSTO DE 2010

Fai moitos miles de anos, un enorme volcán esgotou a lava que lle quedaba na súa cámara magmática, tras o que esta se derumbou e formou unha depresión no terreo duns 50 km², coñecida como caldeira de Askja. O nome de caldeira está motivado porque a nova depresión queda rodeada polas paredes do antigo volcán.

No ano 1875 unha nova e extraordinaria erupción sucedeu dentro da caldeira de Askja, e ao remate desta, outra vez se derrumbou a cámara magmática do volcán, creando unha nova caldeira dentro da antiga caldeira, así como un cráter explosivo ao seu lado. As escorias e cinzas desta erupción causaron a ruina de moitas granxas e forzaron unha emigración masiva cara o norte de Canadá, onde aínda hoxe hai unha comarca con topónimos, tradicións e dialecto islandés. Na foto se observa en primeiro plano, o cráter explosivo Viti cheo de auga azulada. Detrás del, a auga transparente do lago Öskjuvatn formado na caldeira de 1875, e no fondo, as paredes montañosas da gran caldeira de Askja.


Na longa ruta en autobús 4×4 a Askja, paramos a ver o canón que o rio glacial Jókulsá á Fjöllum está comezando a excavar na rocha basáltica.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *