16 DE AGOSTO DE 2010

Continuamos explorando o canón do Jökulsá á Fjöllum, en un día gris e chuvioso no que foi complicado sacar algunha foto bonita a pesar de que a paisaxe sí que o era.
Atopamos mais formacións de columnas basálticas curiosas, grandes e pequenas, dereitas e retorcidas, regulares e irregulares, diferencias que responden a distintas condicións que se deron na solidificación da lava:

A flora da zona é moi variada, pois tanto hai areais con vexetación propia das dunas, como grandes extensións dominadas polos liques e musgos, e tamén bosque húmido con pequenos árbores como o bidueiro anano. Este bosque é o hábitat deste Equisetum, ou cola de cabalo.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *