1 DE AGOSTO DE 2010
Landmannalaugar foi o punto de inicio da ruta de 4 dias que fixemos ata Þórsmörk. Como é unha das mellores zonas deste país para facer senderismo decidimos voltar e pasar dous días alí para coñecer un pouco mais o entorno.
Subimos o primeiro día á cima da montaña negra de Bláhnúkur, desde onde se pode ver o campamento de Landmannalaugar e á sua esquerda o enorme campo de lava das erupcións de fai 500 anos.
Logo do paseo nos bañamos na estupenda poza de auga quente que brota ao pé do campo de lava.
A ruta do dia seguinte levounos por unha zona de rios, lagos, campos de lava e cráteres volcánicos.
O noso destino era o enorme e colorido cráter de Ljótipollur que ten un lago no interior.