5 DE AGOSTO DE 2010
Hoxe tivemos que percorrer mais de 100 km por unha estrada sen asfaltar para chegar ata Isafjördur, a cidade mais importante dos fiordos do noroeste islandés. Este tipo de vias forman parte da rede principal do pais e no verán se pode circular por elas con un turismo normal, pero en algúns tramos o firme está en mal estado. Ainda que o límite de velocidade é de 80 km/h, sen un 4×4 é dificil e perigoso pasar de 50 km/h.
A paisaxe é moi bonita, con impresionantes vistas dos fiordos nun entorno prácticamente deshabitado.
Paramos a comer nesta fervenza que salva a caida ata o mar en varios escalóns.