15 DE AGOSTO DE 2010
O canón do río Jökulsá á Fjöllum, do que xa falamos onte, atravesa dúas filas de antigos conos volcánicos, que foron erosionados nas riadas catastróficas ocorridas no pasado. Isto deixou á vista extranas e bonitas formacións rochosas, constituídas principalmente por distintas configuracións de columnas basálticas hexagonais:
A diferente dureza de cada tipo de rocha leva a que as mais brandas sexan facilmente barridas polo río e as mais duras resalten na paisaxe:
A explicación popular islandesa a este frecuente fenómeno é que son trolls petrificados por ter sido sorprendidos pola luz do dia.
Se era a rocha dura a que rodeaba a unha mais branda, a erosión crea buratos e covas; ésta é chamada Kirkjan, que significa igrexa: