Din os xeólogos islandeses que o canón de Ásbyrgi formouse tan só nunhas poucas horas debido a unha colosal riada hai uns 10000 anos. A hipótese mais aceptada afirma que unha erupción debaixo dun glaciar aumentou de fórma súbita o caudal do rio Jökulsá á Fjöllum, e este excavou na rocha, en moi poco tempo, o paso para chegar o mar. Debido a que corre unha inxente cantidade de auga, a gran velocidade, e moi cargada de sedimentos, estas inundacións chamadas jökulhlaups en islandés, son enormemente destructivas. Ademais, se nunha avenida a velocidade da auga sobrepasa os 15 m/s, se comprime o aire e “explota” actuando como un martelo neumático, o que lle da todavía mais forza erosiva. O rio só circulou polo canón de Ásbyrgi durante este suceso, para despois continuar o seu camiño un par de kilómetros mais á dereita.
Na camiñata que fixemos hoxe pola parte superior do canón Jökulsárgljúfur vimos que por alí arriba circulou no pasado unha grande cantidade de auga, pois as rochas están pulidas e hai marmitas de xigante como no leito dun río. Hai evidencias de que alomenos 4 xigantescas riadas, ocorridas nos últimos 10000 anos, foron excavando este canón ata deixalo como é hoxe.