19 DE ABRIL DE 2011

No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio durante o reinado dos nazaríes en Granada, nos séculos XIII e XIV. Dentro dun gran recinto amurallado que incluía a alcazaba orixinal se construíron varios palacios, unha mesquita, vivendas, baños e outros edificios. Todo isto conformaba unha cidade autónoma para a corte real, altos funcionarios e soldados de elite. A poboación de Granada vivía na súa maioría no Albaicín, na colina situada fronte a Alhambra.

A fama da Alhambra débese á que nos seus palacios se concentran moitos recantos e espazos de grande beleza e decoración exuberante: xardíns, patios, salóns, mosaicos, artesoados, fontes e estanques, … .

En 1492 a cidade e o seu reino se renderon ante os Reis Católicos, chegando ao seu final a presencia musulmana na península ibérica. A alcazaba e algúns dos palacios nazaríes se conservaron íntegros, pero a maioría dos edificios da cidade palatina foron derruídos para construír outros novos. O mais chamativo é o enorme palacio renacentista que mandou construír Carlos V, que alterou notablemente o conxunto musulmán.

Hoxe a Alhambra é un monumento moi visitado e ben coidado. Lamentablemente, a información que se proporciona aos visitantes é moi deficiente, sen referencias históricas nin artísticas, e onde resulta moi difícil distinguir as partes orixinais de aquelas restauradas ou reconstruídas.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *