9 DE XULLO DE 2011
As Cataratas do Niágara están no río do mesmo nome, que flue desde o lago Erie ata o lago Ontario e é fronteira natural entre EEUU e Canadá. Ainda que non están entre as mais altas do mundo, o que as fai extraordinarias é o impresionante caudal de auga que cae por elas, uns 2800 m³ por segundo (unhas catro ou cinco veces máis que o rio Ebro).
Os Estados Unidos e Canadá se reparten a posesión das dúas cataratas principais: á esquerda as American Falls (EEUU) e á dereita as Horseshoe Falls (Canadá).
A máis espectacular e famosa é a canadiense, en forma de ferradura de cabalo como indica o seu nome en inglés. A nube de auga que sae dela pódese ver desde lonxe.
Desde o paseo que bordea o río pode verse como a inmensa masa de auga se precipita ao vacío. Cae tanta auga que máis que un río parece que é o mar quen está caendo, e todo ese volume de auga móvese ata o borde case sen facer ruido.
Unha das numerosas actividades turísticas que se poden facer aquí é subir a un barco que chega ata o pé de ambas cataratas, o que permite sentir a colosal enerxía e violencia deste fenómeno natural. Foi complicado sacar fotos porque era como estar no medio dunha tempestade de chuvia e vento.
Ata principos do século XX a brutal forza da auga, xunto coa particular xeoloxía do leito do río, facía retroceder o frente da cascada uns 3 metros cada ano. Actualmente a erosión é só de 3 cm ao ano, pois se construíron varias presas hidroeléctricas que reduciron o caudal das cataratas á metade e se acometeron outras obras de enxeñería para protexelas.
As cataratas son unha atracción turística desde fai centos de anos. A finais do século XIX moitos aventureiros e aventureiras buscaron a fama lanzándose polas cataratas de diversas maneiras, como por exemplo dentro de toneis de madeira. Algúns morreron no intento e sorprendentemente outros tiveron éxito.
Hoxendía é un dos principais destinos turísticos en Norteamérica, e a poucos metros do río a cidade de Niágara Falls parece unha sucursal de Las Vegas, con grandes hoteis, casinos e rúas que parecen un parque de atraccións.