Un inoportuno desprendemento de pedra e o conseguinte corte da estrada levou por diante a valiosísima reserva que tiñamos para a visita guiada a Burgess Shale, un dos xacementos de fósiles mais importantes e impresionantes do mundo. As circunstancias impuxeron un cambio de plan que nos levou a Paradise Valley.
Repetindo o clásico canadiense de bosque, lago e montaña nevada, o Val do Paraíso sorprendeunos coas súas particularidades.
A primeira foi escoitar o estruendo das avalanchas de neve que se sucedían na parte alta das montañas que tiñamos de frente. A pesar da lixeireza coa que parecía caer a neve, o ruido que facía retumbaba en todo o val como o trono dunha tormenta.
As zonas nas que as avalanchas son mais grandes e frecuentes se recoñecen facilmente nas ladeiras das montañas porque as árbores non teñen oportunidade de medrar.
O destino da nosa ruta era ver uns saltos de auga chamados Giant’s Steps, onde o bosque conquista pouco a pouco unha amplia superficie de cuarcita pulida polos glaciares fai miles de anos.
Un estrano animal apareceu no noso camiño de regreso. Unha masa de pinchos de uns 60 cm de longo, mais a cola, apartouse para deixarnos paso. Era un porcoespiño norteamericano, moi distinto do europeo.