Desde o 7 de xullo ao 21 de agosto estaremos de viaxe por Canadá. O plan consiste en voar de Oporto a Toronto, pasar uns dias nesta cidade e visitar as cercanas Cataratas do Niágara.
Logo colleremos outro avión ata a cidade de Edmonton, cerca das Montañas Rochosas. Alí botaremos 5 semanas visitando numerosos parques naturais nas provincias canadienses de Alberta (AB) e British Columbia (BC). Pensamos tamén cruzar a fronteira con Estados Unidos e achegarnos ao Parque Nacional de Yellowstone. Despois nos moveremos cara a costa do Pacífico, no sureste de Canadá. Volveremos á zona de Toronto uns dias antes de coller outra vez o avión de regreso á casa.
Neste mapa a Península Ibérica está á mesma escala que Canadá. A zona rodeada de cor violeta é a que temos pensado visitar. Aínda que é case tan grande como España representa unha parte moi pequena de Canadá, que é o segundo país mais grande do mundo.
ide marcando os ursos que encontredes!
O primeiro: http://maps.google.com/maps?q=52.920909,-118.030429&sll=52.879277,-118.079256&sspn=0.013469,0.032015&num=1&z=14
O segundo oso: http://maps.google.es/maps?q=52.796638,-118.012075&sll=52.879277,-118.079256&sspn=0.013469,0.032015&num=1&t=h&z=13
O terceiro oso: http://maps.google.es/maps?q=Lake+Louise,+Alberta,+Canada&hl=gl&ll=51.334687,-116.058884&spn=0.077005,0.220757&sll=52.796327,-117.990417&sspn=0.074525,0.220757&t=h&z=12