17 DE AGOSTO DE 2011
Humanos e osos comparten territorio en moitas zonas de Canadá, pero foise desenvolvendo toda unha cultura para que esta coexistencia sexa o mais pacífica posible. A dieta do oso é básicamente vexetariana (froitos, herbas, raíces, flores …) complementada con gusanos, carroña e caza. A súa necesidade de alimentarse os leva frecuentemente a buscar comida en zonas habitadas, o que causaba no pasado moitos problemas. Para evitar isto é esencial que os osos non asocien a presencia humana con alimento fácil de conseguir e o que se intenta é que non poidan acceder nunca a comida ou restos de comida. Un oso que aprende a obter alimentos das persoas convírtese nun animal conflictivo que creará situacións perigosas e a única solución soe ser acabar coa súa vida.
Actualmente todas as papeleiras e contenedores de basura son a proba de osos, deseñadas para que non as poidan abrir ou romper. Está terminantemente prohibido abandonar lixo fora destes contenedores, así como deixar comida sen atender en zonas de cámping ou picnic.
Aínda que na maioría dos encontros con humanos os osos se comportan pacíficamente, poden reaccionar con violencia se consideran a nosa presencia unha amenaza, ou pensan que lles vamos roubar a comida, ou que somos un perigo para as súas crías. E aínda que é unha situación infrecuente, tamén poden considerarnos unha presa á que dar caza. Existen folletos e carteis informativos sobre como actuar nestes casos. Se vemos un oso desde o coche a norma é non salir baixo ningunha circunstancia, aínda que o oso pareza tranquilo. Facendo senderismo, a primeira recomendación é evitar o encontro facendo ruido contiuamente para alertar ao oso da nosa presencia e darlle tempo a escapar.  Se aínda así atopáramos un oso no noso camiño é imprescindible frenar o impulso natural de correr, retroceder lentamente sen darlle a espalda e falarlle con voz tranquila para que nos identifique como humanos. Cando se produce un ataque, a mellor defensa é un spray anti-osos, que vaporiza unha sustancia moi irritante para ollos e vías respiratorias. Nós sempre levamos o spray colgado do cinturón, pero afortunadamente só vimos osos desde o coche.
As autoridades do parque poñen avisos cando saben da presencia de osos nunha determinada zona, e non é raro ver camiños e áreas dos parques pechadas ao público debido á presencia de osos.
Todas estas medidas de protección son tanto para humanos como para osos, e pretenden que os osos non sexan molestados por humanos e viceversa.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *