31 DE XULLO, 1 E 2 DE AGOSTO DE 2011

O principal motivo para a declaración de Yellowstone como parque nacional foi protexer o seu maravilloso patrimonio xeotermal. Por exemplo, dous tercios dos geyseres do planeta están aquí. Ademais, hai manantiais, ríos e charcas de auga quente, fumarolas e pozas de barro burbulleantes.

Un dos volcáns mais grandes do mundo, situado baixo o parque, é o responsable de todos estes fenómenos. Só tivo tres grandes erupcións, a última delas hai 600 000 anos, pero foron das mais grandes coñecidas. A combinación da auga e a calor coas fracturas e minerais das rochas da lugar a toda a variedade de fenómenos xeotermais que aquí se ven.
 O que mais abunda son as pozas, donde mana e se acumula auga quente. O cromatismo das pozas ven marcado polos distintos microorganismos que viven nelas. Dependendo da temperatura da auga, aparecen diferentes comunidades de algas e bacterias, provocando a variación de cores que as fai tan bonitas.
Outro gran atractivo de Yellowstone son os geyseres, con gran diversidade de formas, tamaños, regularidade e periodicidade das súas erupcións. O mais famoso e Old Faithful, que erupciona aproximadamente cada 90 minutos, pero a maioría non son tan regulares nin predecibles. Por exemplo, White Dome erupciona cada 35 minutos pero a veces pasa horas sin erupcionar.
O geyser Beehive é irregular, pero a actividade de outro pequeno geyser ao seu carón anuncia a súa próxima erupción.
 A altura do cono do geyser indica a súa antigüedade, pois crecen de media 25 cm cada 1000 anos.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *