30 DE OUTUBRO DE 2011
A Reserva de Muniellos é o bosque atlántico mellor conservado de España e chegou aos nosos días sen alteracións importantes por parte do ser humano. A árbore mais abundante é o carballo, acompañado de faias, acibros e outras moitas especies. No bosque viven osos, urogallos, lobos, jabalíes, corzos e rebecos. Desde 1982 só 20 persoas cada día poden visitar a Reserva e percorrer unha pequena parte seguindo unha única ruta restrinxida con horario limitado. As medidas de protección extremas fan que este sexa un dos poucos espazos da península nos que a natureza non se ve afectada pola presencia humana.
A ruta comeza ascendendo pola ladeira da montaña, cuberta principalmente por carballos, hacia a cabeza do val. Pódese apreciar a enorme extensión do bosque, que recubre todo o relieve que alcanza a vista.
Ao final da ascensión chégase á primeira das tres lagoas glaciares que coroan o val. O camiño de volta descende seguindo o curso do río Muniellos a través dun bosque no que destacan algúns acibros de imponente tamaño e as cores de outono de faias e demais caducifolias.