A xeoloxía do Gran Canón é tan espectacular como as súas vistas. Calquera sinte curiosidade por saber como puido formarse o que ten diante dos ollos, e afortunadamente é fácil entender os aspectos básicos do tema. Os visitantes do parque nacional poden acceder a moita información: un excelente museo xeolóxico, videos, folletos, charlas, visitas guiadas, … Unha das gardas que atende a zona de acampada no fondo do canón deu unha pequena charla na que sintetizou a formación do canón en tres fases:
1. Sedimentación
Sobre unha base de antigas rochas duns 1800 millóns de anos (os xistos, gneis e granitos que se ven na foto superior) fóronse depositando capas de sedimentos que ao comprimirse deron lugar aos distintos estratos rochosos que se poden distinguir hoxe.
Cada estrato representa un período con determinadas condicións ambientais orixinadas polo movemento das placas tectónicas e as variacións da temperatura e do nivel do mar. Así, unhas veces os sedimentos depositáronse en mares de augas cálidas e pouco profundas, outras no medio do océano, outras en deltas de ríos ou en pantanos, outras capas proveñen de antigas dunas de grandes desertos. Desta forma, cada capa relata un período distinto da historia da terra.

Por exemplo, cando se formou o super-continente Pangea fai uns 275 millóns de anos, esta zona quedou dominada polo deserto e as antigas dunas deron lugar a areniscas nas que quedou grabada a estructura interna de capas que se cruzan:
Na capa superior do canón (a mais xoven con só 270 millóns de anos) se conservan fósiles de animais marinos:
E xa cerca do fondo do canón vimos esta arenisca con marcas de oleaxe:
2.Elevación
Fai uns 70 millóns de anos o choque entre a placa pacífica e a placa norteamericana deu orixe ás Montañas Rochosas pero neste lugar as capas de sedimentos eleváronse sen sufrir fracturas nin plegamentos, o que é un fenómeno moi pouco habitual. Isto creou un gran meseta na que a estructura horizontal dos estratos quedou intacta.
3. Excavación e erosión
Fai 5 ou 6 millóns de anos o río Colorado comenzou a fluir sobre esta meseta e a excavar o seu canón. O forte desnivel ata o mar, o gran caudal en certos momentos do pasado, a falta de vexetación e a pouca resistencia dalgunhas das rochas fixo que o rio crease unha profunda cicatriz na antiga meseta. Simultaneamente, os afluentes do Rio Colorado excavaron os seus propios canóns laterais dando lugar a caótica paisaxe que pode verse hoxe.
excelente entrada! caótica é a palabra que mellor define esa paisaxe! parabéns!!