Durante as vacacións deste verán viaxaremos aos Estados Unidos para coñecer paisaxes tan diferentes entre si como o Gran Canón do Colorado ou Hawaii. Tras a nosa aterraxe en Las Vegas previa escala en Toronto, pasaremos 10 días nos estados de Arizona e Utah, conducindo uns 1500 km por zona desértica para ver varios parques naturais relativamente preto do Gran Canón.
O día 15 de xullo volveremos a Las Vegas para voar ao arquipélago de Hawaii, situado prácticamente no centro do Océano Pacífico, feito que o convirte no trozo de terra mais afastado de calquera continente. Cunha temperatura da auga de 26º e arrecifes de coral na costa vai ser inevitable ir algún día á praia, pero o noso obxectivo principal é camiñar polas montañas. Comezaremos en Kauai, a illa máis antiga e verde do arquipélago, continuaremos en Maui e remataremos en Big Island, unha illa que aínda está crecendo grazas as continuas erupcións volcánicas. O día 9 de agosto estaremos de volta na casa despois de ter dado case media volta ao globo.
Visto así dá ata vertixe! Vaia percorrido!! Algo atoparedes que contar, seguro! Boa viaxe e boa sorte, tamén!
a ver se atopas unha wifi e actualizas! que xa tarda!!!! apertas e pasádeo moi ben! bicos!!