21 DE XULLO DE 2012
Para facer a segunda parte do combo aire-mar zarpamos de Port Allen a bordo dun pequeno catamarán a motor que nos levaría a Na Pali para ter unha visión máis próxima desta espectacular costa. Esperábamos un gran barco cheo de turistas pero levamos unha agradable sorpresa porque éramos só doce pasaxeiros e tres tripulantes que nos trataron de forma moi cercana e familiar.
A costa oeste de Kauai ten altos acantilados verticais (o capitán dixo que eran os segundos máis altos do mundo), covas mariñas con pequenas fervenzas que caen no mar e praias e vales de moi difícil acceso.
Aínda que non o sabíamos, a cea iba incluída no precio e servíronnos unha lasaña caseira e unha ensalada que foi a mellor comida que tomamos en Norteamérica en dous anos. Ao final da viaxe, un grupo de delfíns xogaron a nadar diante do barco durante un bo rato.