5, 6, 7 E 8 DE XULLO DE 2012
Con 400 km de longo, 16 km de anchura media e 1500 m de profundidade, o Gran Canón do Colorado non é o mais longo, nin o mais ancho, nin o mais profundo do mundo. Pero os estadounidenses din que é o mais grande, e teñen razón, pois probablemente non haxa ningún outro que xunte estas dimensións. Ademais os estratos nos que se dispoñen as rochas do canón abarcan case a metade da historia da terra, e se identifican facilmente distintas capas que se corresponden con distintos momentos da historia xeolóxica.

 
Por se fora pouco, a pesar de ser un lugar bastante árido conta cunha gran biodiversidade.
Na parte superior do canón hai moitos miradores aos que se accede con facilidade e desde os que se disfrutan vistas espectaculares.
Pero descender ao interior é duro, debido sobre todo a extrema calor, combinada coas fortes pendentes e a grande insolación. As autoridades do parque recomendan insistentemente seguir certas normas de seguridade á hora de facer sendeirismo, como beber moita auga, comer alimentos salgados para repoñer sales minerais, e especialmente non camiñar entre as 10 da mañá e as 4 da tarde. Non esaxeran, pois cada ano se ven obrigados a facer uns 250 rescates de persoas con problemas serios debido á calor.
Só existen tres formas de baixar ata o río Colorado: camiñando, en helicóptero ou en mula.
Nós dedicamos dous días a baixar andando e volver a subir. O camiño de baixada é longo, con moitísima pendente e nada de sombra, así que tivemos que sair xusto ao amencer, que aquí é as 5 da mañá, para evitar as horas de máis calor.
Os 1500 metros de desnivel valen realmente a pena porque as vistas son preciosas e distintas a calquera outra cousa que teñamos visto.
Canto mais se descende, mais antigas son as rochas polas que se camiña e mais calor fai. No fondo esperabános o Río Colorado, que continúa excavando o seu canón en rochas de 1800 millóns de anos. Tamén nos esperaban 42ºC e un pequeno afluente que pasa polo cámping e no que pasamos a tarde a remollo.
Despois dunha noite moi calurosa, outra vez antes da saída do sol, iniciamos a subida por un sendeiro distinto o de baixada, que conta con algo de sombra e auga potable. Repetíronse as sensacións do día anterior, aínda que as disfrutamos menos a medida que aumentaba o cansancio polo esforzo físico que supón ascender 1500 metros camiñando.

Tamén pode gustarche...

2 comentario

  1. joder! que pasada Ñaki! serpes e a de Dios! aínda se baixaría mellor en bici!!! apertas!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *