Este ano visitamos o continente africano nunha viaxe en grupo organizada pola empresa Kananga, especializada en viaxes por África. Era a primeira vez que contratábamos unha viaxe cunha axencia e a experiencia foi moi satisfactoria. Non tivemos conexión a internet durante o traxecto, así que publicaremos a nosa crónica agora que xa estamos de volta na casa.
A ruta que fixemos chámase “Wild Safari“, e percorre diferentes parques e reservas nacionais de Kenia e Tanzania, que teñen como principal atractivo a observación dalgúns dos animais mais impresionantes do planeta.
Durante dúas semanas compartimos aventuras con outros 9 viaxeiros, ademais da guía, dous cociñeiros e un conductor. Durmíamos en tendas de campaña e desplazábamonos nun camión preparado para facer safaris e para transportar todo o material do campamento.
Diariamente levantábamonos moi cedo para almorzar e sair de safari ao mencer. Percorríamos co camión os parques en busca de fauna salvaxe, parando cando víamos algo interesante. Só está permitido baixar do vehículo en lugares moi contados, por ser moi perigoso achegarse aos animais. Ao final da tarde volvíamos ao campamento para asearnos, cear e deitarnos ata o día seguinte.
Para desprazarnos entre os diferentes destinos algúns días tivemos que facer moitos quilómetros por estradas, na súa maioría de terra ou en mal estado. Así tivemos a oportunidade de facernos unha idea de como é a vida cotiá nestes países.
cacho camiom!
Moi curioso, o do camión, si!