20, 21 E 22 DE XULLO DE 2013
Cambiamos as verdes paisaxes dos lagos do Rift Valley pola extensa aridez da sabana. A fronteira entre Kenia e Tanzania divide en dúas partes unha gran superficie de pradeiras. En Kenia está a parte mais pequena, que se denomina Masai Mara, e en Tanzania está a maior parte do parque, coñecido como Serengeti. Entre os dous comprenden unha superficie totalmente salvaxe de 16 000 km², algo mais da metade da de Galicia. Nesta vasta rexión habitan millóns de herbívoros que son o alimento de miles de carnívoros, conformando un dos ecosistemas mais espectaculares do planeta.
A alternancia entre estacións chuviosas e secas obriga a 2 millóns de ñus a migrar constantemente en busca de pasto fresco, acompañados por cebras e gacelas Thomson. Entre xullo e outubro a maior parte dos ñus están en Masai Mara, tal como puidemos comprobar:
O momento mais dramático da migración ten lugar cando algunha das grandes manadas de ñus ten que cruzar o rio Mara, onde os esperan os crocodilos. Os ñus se concentran a un lado do río ata que o mais impaciente se lanza á auga e entón todos o siguen como nunha estampida. Este é un evento impredecible que non tivemos a sorte de presenciar, a pesar de botar 48 horas no parque. Miles de ñus morren cada ano cazados polos cocodrilos, afogados ou por romper as patas durante o cruce.
En Masai Mara continuamos vendo os animais habituais desta parte de África, como as xirafas, hipopótamos, elefantes, hienas, chacais, etc, ademais de tres novos tipos de antílope: eland, alcelafo e topi:
Ademais, vimos moi de cerca a unha familia de guepardos descansando á sombra dunha árbore. Ao día seguinte, noutro lugar do parque, presenciamos de lonxe como unha mamá guepardo cazaba unha gacela Thomson diante das súas tres crias (a foto é moi mala pero foi un momento emocionante).
En Masai Mara e no Serengeti hai tantos leóns que é relativamente fácil velos. Cerca do campamento onde durmíamos reside unha gran manada da que vimos algúns membros:
Ao día seguinte vimos outros leóns e leonas, entre os que destacamos a este gran macho:
O outro gran carnívoro destas terras é o leopardo, que só vimos na escuridade cando voltábamos para o campamento. Pero sentimos cerca a súa presencia cando paramos a comer á sómbra dunha árbore e descubrimos un cadaver de ñu medio devorado escondido entre as ramas, a varios metros de altura. Este é un costume dos leopardos para evitar que outros carnívoros lles rouben a comida.
Nestas dúas xornadas de safari nos aloxamos no mellor campamento desta viaxe, situado no medio do parque sen ningún tipo de valado, e durmíamos rodeados de todos estes animais polo que durante a noite uns masais facian guardia para protexer a quen tivese que sair da tenda.
Desde Masai Mara tivemos que dar un gran rodeo para chegar ao Serengeti, pois a pesar de ser colindantes as estradas están pechadas por causa de problemas políticos entre Kenia e Tanzania. Durante este percorrido fixemos unha visita turística a unha aldea tradicional dos masais, chamadas manyatta, onde homes e mulleres bailaron unhas danzas tradicionais e nos ensinaros as súas vivendas feitas de ramas, barro e esterco.
Pero esto que é?. Grandes documentais da 2 polo menos.
Grazas, ver esto faime animar un pouquiño no curre, traballar ten estes pequenos praceres. Direille a Antía que os vexa.
Bicos e bo comenzo de curso.
Fantásticas imaxes e precioso blog. Encántame !
Queria consultarvos cómo organizastes estas viaxes ? Algunha axencia recomendable ?
Gracias
Carlos
Grazas polo comentario!
A viaxe de África foi a única que fixemos, ata agora, a través de axencia. Viaxamos con Kananga (http://www.pasaporte3.com/), unha empresa con multitude de destinos en África que é moi recomendable.
O resto das viaxes organizámolas nós sós, usando as guías de Lonely Planet e con moita investigación a través de internet, tanto para xestionar coches, avións, reservas, etc como para seleccionar os lugares de interese.