Kenya

A reserva de rinocerontes de Nakuru

  19 DE XULLO DE 2013
Pasamos todo o día de safari no parque nacional de Nakuru, outro dos lagos do Rift Valley, caracterizado por unha paisaxe verde e boscosa. Un dos seus maiores atractivos é a vista do lago abarrotado de flamencos, pero como o nivel de auga estaba moi alto a salinidade non era suficiente para que estas aves se xuntasen en grandes cantidades.
Outro elemento de interese deste parque é a facilidade coa que se poden ver as dúas especies africanas de rinoceronte: o branco e o negro. A principal diferencia entre eles non está na cor, senón na forma da boca, picuda e estreita no rinoceronte negro, e ancha e cadrada no rinoceronte branco. Ambas especies están en perigo de extinción debido principalmente á caza furtiva, pero a situación do rinoceronte negro é moito máis grave.
Rinoceronte branco
Rinoceronte branco
Rinoceronte branco
Rinoceronte negro e facocero
O parque nacional do lago Nakuru é o único dos que visitamos que está valado, xa que por estar pegado a unha cidade é necesario protexer á poboación dos animais salvaxes e viceversa.
En África hai diferentes subespecies de xirafa que se distinguen entre si polo estampado da pel. En Amboseli vive a xirafa masai, e aquí en Nakuru está unha das poboacións mais importantes de xirafa de Rothschild, que ten o borde das manchas definido con maior claridade.
Multitude de especies de aves, réptiles e mamíferos completan o catálogo que se pode observar en Nakuru:
Texedor de Speke
Unha das moitas especies de estorninos da rexión
Garza
Familia de facoceros
Lagarto agama
Búfalo africano
Impalas
Aproveitamos a visita a unha fervenza do parque para parar a comer, co coidado de non ser vítimas dos habituais roubos de comida por parte dos babuínos.

Tamén pode gustarche...

1 comentario

  1. nós levavamos com nós um saco de mangos meio-podres para dar-lhos aos babuinos e que nom nos incomodaram…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *