Kenya

Naivasha, un paraíso para aves e herbívoros

 18 DE XULLO DE 2013
Despois de 2 días en Amboseli, nos diriximos cara o norte para ir ata o lago Naivasha, que forma parte dun conxunto de lagos situados dentro do Rift Valley. Alí fixemos un pequeno safari en barca, que nos permitiu desfrutar dunha impresionante variedade de aves, moitas das cales non voltamos a ver en ningún outro sitio. Numerosos cormoráns acompañaban a pelicanos, tántalos (unha especie de cegoña), picapeixes, ibis, aguias e varias especies de garza:

Tántalo africano

Cormoráns
Cormorán
Martín pescador pío
Garza branca
Pelícano rosado
Pelícanos rosados
Pelícanos brancos
Garza amarela
Ibis sagrado
Morito común
Águia pescadora africana
Debido as abundantes chuvias dos últimos anos, o nivel do lago estaba inusualmente alto, e inundaba os bosques de acacia amarela. No lago tamén viven hipopótamos, e ir en barca permitiunos achegarnos a eles mais do que se pode facer andando ou en coche.
Dentro do lago está Crescent Island, unha península formada polo borde dun cráter medio sumerxido no lago. A ausencia de depredadores fai que os herbívoros que habitan nel leven unha vida tranquila.
Antílope acuático

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *