31 DE OUTUBRO, 1, 2 E 3 DE NOVEMBRO DE 2013
|
Canón do Tajo |
Durante a ponte de novembro nos desplazamos á provincia de Guadalajara para visitar o Parque Natural do Alto Tajo, un espazo natural moi heteroxéneo en canto ao tipo de paisaxes que o conforman e que para nós tiña un atractivo especial na súa xeoloxía.
|
Lagoa de Taravilla |
O parque conta con 8 rutas xeolóxicas ben sinalizadas e con paneis explicativos que permiten comprender multitude de procesos e formacións que pasarían desapercibidos de outra forma.
Dúas rochas diferentes predominan na paisaxe do alto Tajo: areíscas e calizas. As areíscas se forman despois de que cementen as areas depositadas por ríos, praias e desertos de fai moitos millóns de anos. Nesta rexión teñen unha intensa cor vermella froito da oxidación do ferro que conteñen, o que engade unha chamativa cor ás paisaxes nas que está presente.
|
Taffoni en areíscas |
|
Barranco de la Hoz |
Son rochas que se erosionan con facilidade, producindo formas variadas especialmente bonitas:
|
Chequilla |
|
Santuario da Virxe da Hoz |
Nas diferentes rutas que fixemos atopámonos con algúns fenómentos singulares que chamaron a nosa atención, como unha antiga explotación de caolín, un pregamento de rochas calizas moi visible ou o río de pedras da Serra de Orea, que aínda que hoxe está inactivo, en tempos mais fríos fluía ladera abaixo como se fose un glaciar formado por bloques de pedra.
Un elemento moi especial é a dropstone de Checa, unha rocha misteriosa incrustada no medio das pizarras no momento en que estas se formaron. As características do fenómeno só permiten unha explicación racional: fai 500 millóns de anos, un iceberg derretíuse en alta mar deixando caer ao fondo do mar as areíscas que transportaba no seu interior. Estas se depositaron no lodo que mais tarde foi metamorfizado en pizarra, quedando a areísca no medio.
Na provincia de Guadalajara hai pobos que conservan cascos medievais moi interesantes, sempre dominados por un castelo, con rúas laberínticas, casas nobres e algunha igrexa románica.
|
Molina de Aragón |
|
Molina de Aragón |
|
Sigüenza |
|
Atienza |
|
Atienza |
|
Igrexa de Santa Coloma de Albendiego |
|
Mensario ou calendario agrícola da igrexa de San Bartolomé de Campisábalos |