23 E 24 DE NOVEMBRO DE 2013
 
Ponte nova de Belesar

Un fin de semana soleado de outono non pode desaproveitarse, e este o disfrutamos na Ribeira Sacra. Había tempo que esperábamos a ocasión de facer a ruta de sendeirismo polo canón de Belesar que Manuel Gago publicou hai uns anos en Capítulo Cero. Non se trata dunha ruta oficial nin sinalizada, pero reúne nun percorrido circular unha boa mostra dos principais atractivos da Ribeira Sacra: a paisaxe do viño, frondosos bosques caducifolios, arquitectura románica e espectaculares vistas do Miño. Usamos o GPS para seguir o trazado da ruta publicado por Os Caracochas.

As cores do outono multiplican o encanto natural desta comarca; merece a pena a visita neste momento do ano a pesar do frío das primeiras horas da mañá.

Igrexa de Santa María de Pesqueiras
Comezamos o percorrido na magnífica igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, na nosa opinión unha das mais bonitas de Galicia polo seu emprazamento e o traballado da súa portada.
O trazado discurre entre viñedos, bosques e aldeas e atravesa o impoñente muro de formigón do encoro de Belesar. As mellores vistas que ofrece esta ruta están na baixada a pequena aldea do mesmo nome.

A partir de aquí, o camiño ascende por unha antiga calzada de orixe romana que nos leva ata a igrexa de San Paio de Diomondi, do século XIII.

O día seguinte fixemos outra pequena ruta ata a fervenza de Augacaída, no concello de Pantón, tamén inspirados por Capítulo Cero. Ésta sí está sinalizada, e vai entre antigos muros e viñedos abandonados ocupados agora polo bosque.
Para rematar a xornada visitamos varias igrexas románicas repartidas pola zona. Non era a primeira vez que as víamos, pero son lugares que paga a pena repetir. Nos gustan especialmente as esculturas de animais  e persoas que adornan estes monumentos en capiteis e canzorros.

Igrexa de San Martíño da Cova
Mosteiro e igrexa de Santa María de Ferreira de Pantón
Igrexa de Santa María de Ferreira de Pantón

Igrexa de Santa María de Ferreira de Pantón

Igrexa de Santo Estevo de Atán
Igrexa de Santo Estevo de Atán
Igrexa de San Fiz de Cangas
Igrexa de San Miguel de Eiré
Igrexa de San Vicente de Pombeiro
Igrexa de San Vicente de Pombeiro

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *