17 DE ABRIL DE 2014
As illas Eolias forman un arquipélago de orixe volcánico situado na costa norte de Sicilia. Queríamos visitar a máis afastada destas illas, Stromboli, para ver o seu volcán en constante actividade explosiva. Pero o mar estaba revolto e canceláronse as conexións por barco con esa illa, polo que tivemos que adaptar o noso plan e conformarnos con visitar Vulcano, pertencente ao mesmo arquipélago pero moito máis preto da costa.
Os romanos puxéronlle este nome pois crían que a illa era a cheminea do obradoiro onde traballaba o deus Vulcano.  A última erupción ocorreu en 1890, e agora pódese subir facilmente ata o borde do cráter e desfrutar desde alí dunha marabillosa panorámica do resto do arquipélago. As numerosas fumarolas, que emiten continuamente gases sulfurosos a altas temperaturas, e as manchas de xofre que tinxen a terra de amarelo son a proba que o volcán segue aínda activo.

Pola tarde regresamos á Sicilia “continental” e dirixímonos a Taormina, cidade famosa polas vistas do monte Etna cuberto de neve desde as ruínas do seu teatro.
Ao fondo, o Etna cuberto de neve e nubes

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *