30 DE XULLO DE 2014
Escribimos dende o aeroporto de Madrid mentras esperamos para embarcar nun avión que nos levará ata Indonesia, onde pasaremos case un mes percorrendo algunhas das illas que forman ese país. Organizamos a viaxe en varias etapas ben diferenciadas entre si, pois cada illa conta con personalidade e atractivos propios:
  • En Borneo pasaremos tres días navegando pola selva para ver orangutáns e outros animais.
  • En Java moverémonos en tren e autobús para chegar os seus templos milenarios e os seus volcáns.
  • Cruzaremos en ferry a Bali, onde nos agardan os seus típicos arrozais en socalcos e a súa fervente relixiosidade hinduísta.
  • En Flores, Komodo e Rinca os pratos fortes serán os famosos dragóns de Komodo e o buceo en arrecifes de coral.
  • En Sulawesi visitaremos a terra dos Toraja, coñecidos polos seus poboados tradicionais e peculiares costumes funerarios.
A viaxe é longa e inclúe unha tamén longa escala en Dubai, que aproveitaremos para visitar a cidade durante unhas horas. Non esperamos que nos guste xa que os seus principais puntos de interese non teñen ningún interese para nós, pero a alternativa era pasar 11 horas no aeroporto.

Tamén pode gustarche...

1 comentario

  1. traede-me jornais… valem-me de dubai, dos toraja e mesmo dos orangotanghos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *