5 E 6 DE AGOSTO DE 2014
Despois dos templos de Borobodur e Prambanan, o volcán Bromo é a atracción turística más visitada de Java, tanto por extranxeiros como por indonesios. Chegar alí desde Yogyakarta levounos un día enteiro en tres medios de transporte diferentes. Fixemos a primeira etapa en tren disfrutando dunha viaxe cómoda e agradable, cun camareiro que ofrecía bebida e sabrosas comidas a precio módico. Logo tomamos un autobús no que o revisor intentou enganarnos facéndonos baixar nunha “parada especial” para turistas, pero nós sabíamos o truco e non lle fixemos caso. Por último, tiñamos que coller un minibus que só sae cando está completo ou se os pasaxeiros pagan polas prazas vacías. Despois de esperar unha hora só éramos catro persoas, e como non chegamos a un acordo co prezo, marchamos a buscar un taxi pero non o atopamos. Cando xa empezabamos a desesperarnos, conseguimos un bo acordo cunha axencia de excursións e quedamos aliviados ao chegar comodamente en coche ao noso destino.
Bromo é un volcán activo situado no interior dunha caldeira de pequeno tamaño. Centos de turistas érguense de madrugada para ver sair o sol desde o alto dun monte ao borde da caldeira, a onde chegan en todoterreo. Nós decidimos evitar as aglomeracións, e camiñamos ata outro mirador situado un pouco máis abaixo. Foi un acerto, pois alí estabamos só unhas dez persoas e as vistas eran igual de espectaculares.
![]() |
Outro volcán que se vía desde o mirador |
![]() |
A aldea Cemoro Lawang ao borde da caldeira |
Despois, toda a xente baixa á caldeira e sube ao volcán por unha escaleira instalada na súa ladeira para poder salvar a forte pendente e o terreo inestable. Aquí xa non tivemos escapatoria e tocounos facer cola para subir, para ver o fumeante cráter e para volver baixar.
Para marchar de Bromo tamén estivemos esperando a que o minibus completase a pasaxe, pero desta vez os nove pasaxeiros pagamos 12 prazas e baixamos da montaña nesta vella furgoneta.