Pasamos esta Semana Santa na illa de Mallorca, onde disfrutamos paseando polos seus pobos, camiñando polas súas montañas e calas, e visitando a capital, Palma de Mallorca.
Esta cidade sorprendeunos positivamente, pois as súas rúas están cheas de vida, é agradable pasear por elas, o seu variado patrimonio histórico está ben coidado, e incluso os edificios antigos seguen cumplindo a súa función residencial.
De orixe romana, Palma chega a ser unha das grandes capitais do mundo árabe entre os séculos X e XIII. Os vestixios desta época son escasos, como este gran arco que desde o mar daba entrada ao forte islámico de La Almudaina.
No casco histórico, de orixe medieval, destaca a catedral gótica, que ocupa o emprazamento da antiga mesquita, a escaso metros do mar. Os contrafortes, arbotantes e pináculos do exterior permiten que no interior se abra un imponente espacio sustentado por esbeltas columnas que levantan as bóvedas ata gran altura.
Palacio de La Almudaina e Catedral |
Capela decorada en 2007 por Miquel Barceló |
O elemento mais característico dos edificios nobles da cidade son os patios interiores, que son exhibidos con orgullo polos seus propietarios:
Merece a pena destacar a excelente repostería mallorquina, non só polas afamadas ensaimadas senón tamén por outros doces típicos menos coñecidos, como os crespells e os robiols. Un dos mellores lugares para probalos é na histórica pastelería C’an Joan de S’Aigo, que parece conservarse igual que fai cen anos: