3 E 4 DE AGOSTO DE 2015

La Paz non é a capital de Bolivia, pero si a súa cidade mais importante e sede do goberno. Está situada a unha altitude de 3700 metros, pero aínda mais arriba está El Alto, un antigo barrio que acadou o rango de cidade e onde viven un millón de persoas a unha altitude de 4100 metros.

Unha rúa de La Paz con El Alto ao fondo
Autobús típico

No casco vello se conservan algunhas rúas e edificios de orixe colonial, e nun paseo pola cidade non pode faltar a visita ao seu Mercado de Hechicería, onde se venden todo tipo de herbas curativas, talismáns e ofrendas para os espíritus das crenzas aymaras, como picos de aves, llamas e fetos desecados.

A cultura preincaica mais importante desta zona do altiplano foi a tihuanacota, que extendeu a súa influencia polo sur do Perú e norte de Chile e Argentina. Fomos visitar a súa capital, Tiahuanacu, que foi unha grande urbe entre os séculos II e XI.

Ten varios templos escavados onde se encontraron varias portas monumentais e tres grandes esculturas monolíticas con grabados de deidades, homes alados, águias e peixes.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *