24 E 25 DE XULLO DE 2015
O val do río Urubamba concentra tal cantidade de importantes complexos arqueolóxicos do Imperio Inca que é coñecido como Val Sagrado. A moi pouca distancia de Cusco, cidades, templos, centros de cultivo e experimentación agrícola, fortalezas militares, dependencias administrativas, almacéns … aparecen espallados por lugares inverosímiles das ladeiras das montañas. Aínda hoxe a magnificencia destas construcións evidencia a complexidade e riqueza da organización social dos incas. Non tiñan moeda e ao ouro só lle daban un valor simbólico e relixioso. Non coñecían a roda nin o ferro, pero movían e encaixaban con precisión pedras de 300 toneladas. É difícil saber con certeza como funcionaba esta sociedade xa que non se lles coñece escritura propia e as crónicas foron escritas anos despois da desaparición do seu imperio. Na actualidade falta investigación e divulgación arqueolóxica seria e sobra charlatanería mística.
Aínda así, parece claro que os incas integraron á maioría das sociedades andinas no seu imperio impoñendo a súa organización social, política e relixiosa, pero permitían que os conquistados mantivesen parte das súas señas de identidade.
Un dos elementos construtivos máis característicos son as terrazas agrícolas, aquí chamadas andenes, que nalgúns casos cubren ladeiras de pendente vertixinosa. Moitas son usadas aínda para cultivos e pastos e outras están abandonadas.
Aínda así, parece claro que os incas integraron á maioría das sociedades andinas no seu imperio impoñendo a súa organización social, política e relixiosa, pero permitían que os conquistados mantivesen parte das súas señas de identidade.
Un dos elementos construtivos máis característicos son as terrazas agrícolas, aquí chamadas andenes, que nalgúns casos cubren ladeiras de pendente vertixinosa. Moitas son usadas aínda para cultivos e pastos e outras están abandonadas.
No complexo arqueolóxico de Pisac impresiona a extensión e o perfecto trazado dos bancais, dominados por unha fortaleza militar na parte alta. Completan o conxunto as vivendas dos traballadores e un centro relixioso con varios templos.
Centro ceremonial de Pisac |
Templos do centro ceremonial |
Barrio residencial de Pisac |
Outra boa mostra do sistema de cultivo inca son as terrazas circulares de Moray, das que se sospeita que eran un centro onde se experimentaba a adaptación de cada especie vexetal as condicións particulares de insolación e temperatura que se daban segundo a orientación e profundidade dos bancais.
A só un par de km do centro de Cuzco está Sacsayhuamán, unha impresionante fortaleza que en 1536 foi o escenario dunha das máis sanguentas batallas da conquista española. Francisco Pizarro entrara en Cuzco dous anos antes e colocara a Manco Inca como dirixente títere, pero este se sublevou e se fixo forte en Sacsayhuamán. Estivo a piques de derrotar aos españois, pero finalmente tivo que fuxir a Ollantaytambo, outra poboado a 60 km de Cuzco que tamén visitaríamos.
Murallas de Sacsayhuamán |
En Ollantaytambo si resultaron vencedores os incas e a cabalería española tivo que retirarse. Sen embargo, esta vitoria non durou moito pois os españois retornaron con máis medios e Manco Inca tivo que esconderse nunha fortaleza na xungla. En 1557, un continxente de soldados españois o asesinou a puñaladas.
A fortaleza de Manco Inca non é o único xacemento importante de Ollantaytambo. Na montaña de enfrente, uns edificios usados para almacenar as colleitas desafían a pendente.
O propio pobo de Ollantaytambo ten orixe inca, que se aprecia nos muros e portas das vivendas actuais.
Non sabemos con certeza cando comezaron a ser explotadas as salinas próximas á localidade de Maras, pero probablemente desde tempos preincaicos. Aínda están en uso actualmente e conforman unha paisaxe singular no medio montaña.
Qué marabilla!!