12 DE DECEMBRO DE 2015
 
Comezamos unha nova aventura que nos leva de volta a Sudamérica para coñecer a zona máis austral do continente: Patagonia e Tierra del Fuego, rexions pertencentes a Argentina e Chile. A dura climatoloxía desta zona obriga a facer a visita durante o verán, que se corresponde co noso inverno.
Veremos enormes glaciares, como o famoso Perito Moreno; camiñaremos por fabulosas paisaxes de montaña como as Torres del Paine, no extremo sur dos Andes; cruzaremos o Estreito de Magallanes, navegaremos polo do Canal do Beagle e visitaremos algunha colonia de pingüíns.

Pero antes de todo isto, faremos unha escapada as cataratas de Iguazú, na fronteira entre Argentina e Brasil.
Ademais, aproveitando as escalas entre os diferentes vós, pasaremos un par de días en Buenos Aires e remataremos a viaxe voltando ao inverno do hemisferio norte en Nova York, onde estaremos 3 días.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *