12, 13 E 14 DE AGOSTO DE 2016

A diferencia do Mont Blanc, a silueta do Matterhorn é inconfundible e, coa súa forma de pirámide, probablemente sexa un dos cumios mais coñecidos dos Alpes. É unha das montañas mais difíciles de escalar dos Alpes e estímase que morreron unhas 500 persoas intentado subilo.

Os italianos o coñecen como monte Cervino, pero a terminación do seu nome alemán, horn, describe un pico agudo e puntiagudo, resultado da súa erosión por varios circos glaciares que parten del en diferentes direccións. Durante os períodos mais intensos das glaciacións os horns eran as únicas partes da cordilleira que sobresaían do manto de xeo. En Asturias teñen tamén un horn moi coñecido que é o Naranjo de Bulnes ou pico Urriellu.

Desde o pobo suízo de Zermatt, preto das fronteiras italiana e francesa, a presencia do Matterhorn é constante. Este é un pobo de montaña transformado totalmente para dar servizo o turismo de verán e de inverno, aínda que conserva algunhas rúas con casas e hórreos centenarios. O acceso a vehículos particulares está pechado e é necesario coller un tren para chegar ata él.

Zona antiga de Zermatt

Hai numerosos sendeiros para camiñar na zona, moitos deles accesibles en remontes. Nós subimos un día en funicular e outro en tren de cremalleira para facer dúas rutas. É espectacular a subida en tren de cremalleira ata a estación de Gornergrat, a 3089 metros, que deixa aos viaxeiros nun mirador con vistas a varios glaciares e 29 catromiles.

Desde aquí baixamos andando de novo ata o val, pasando por lagoas, bosques e aldeas de montaña situadas en prados de altura.

Despois de pasar un par de días en Zermatt, viaxamos ata un dos vales veciños para visitar o glaciar Aletsch, o mais grande dos Alpes con 23 km de lonxitude e declarado patrimonio da humanidade. Hai varios teleféricos que levan ata miradores e rutas de sendeirismo desde os que se obteñen vistas excelentes.

Tres glaciares mais curtos xúntanse nun lugar denominado Plaza da Concordia, onde o xeo alcanza un espesor de 900 m, para dar lugar a unha soa lingua enorme que baixa polo val de forma sinuosa. As bandas escuras que se ven na lingua son morrenas centrais produto da unión das morrenas laterais dos tres glaciares anteriores.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *