19 E 20 DE XULLO DE 2017

Continuando a nosa ruta cara ao norte detivémonos un par de días en Bélxica para pasear polas cidades máis bonitas deste país. Nos seus cascos históricos dominan as construccións de ladrillo e madeira, con pequenas casas de dúas ou tres plantas e centos de anos de antigüidade formando rúas e prazas de todos os tamaños.

Rúa de Bruxas

Polo medio deste tecido urbano hai construccións relixiosas e moitos edificios civís da época medieval, de cando a economía desta rexión estaba baseada no comercio e a producción textil, como concellos, casas de gremios, lonxas, matadoiros, hospitais … Torres con diferentes funcións se levantan ata alturas nada despreciables para a época na que foron construidas, como a torre Belfort de Bruxas de 83 m.

Torre Belfort

Bruxas alcanzou o seu esplendor nos séculos XIV e XV, chegando a ter mais poboación que na actualidade. Esta cidade conta co atractivo adicional de ter unha rede de canles navegables que lle dan un carácter especial, polo que sempre hai un gran número de visitantes. Nós fixemos un percorrido turístico en barca para disfrutar dunha visión distinta á que se pode ter camiñando.

En Gante tivemos a mala sorte de ir na semana das festas e as prazas e rúas estaban ocupadas con escenarios e chiringuitos, o que lle restaba encanto a unha cidade moi bonita e ben conservada.

Rematamos a visita a este país na súa capital, Bruselas, que concentra todo o encanto nun único punto, Le Grand Place. Esta é unha preciosa praza rectangular delimitada polo edificio gótico do concello, do século XV, acompañado das casas dos diferentes gremios, con fachadas moi ornamentadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *