3 DE XULLO DE 2017
 
Illas Cíes

Regaláronnos un voo turístico en avioneta que nos levou desde o aeroporto de Vigo ata a entrada da ría de Muros. Durante a hora que estivemos no aire sobrevoamos a pouca altura as Rías Baixas, disfrutando dunha excelente vista das illas atlánticas e dos cabos que delimitan as diferentes rías.

Costa da Vela e illas Cíes ao fondo
Península do Barbanza con Aguiño en primeiro plano
Illa de Sálvora

Embarcamos nunha pequena avioneta Cessna 172 do Club Aerocelta, puxemos os típicos auriculares con micrófono para falar entre nós e despegamos tras unha pequena carreira pola pista. Unha das cousas que nos chamou a atención foi escoitar durante toda a viaxe as comunicacións entre os avións e os controladores do espacio aéreo galego. Tamén levamos durante un rato os mandos da aeronave, que é mais dificil de manexar do que parece. E como non, sacamos moitas fotos.

Corrubedo
Illas Cíes
Vigo
Illas Cíes

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *