4, 5 E 6 DE AGOSTO DE 2017
Ponte de Storseisundet

O noso obxectivo inmediato era chegar ás Illas Lofoten, situadas na costa atlántica de Noruega, ao norte do círculo polar ártico. Para chegar alí desde Åndelsnes quedaban por diante moitos kilómetros que fixemos en tres días. Aproveitamos para incluír no traxecto un par de rutas panorámicas, das 18 que foron creadas polos responsables de turismo do país. A coñecida como Estrada Atlántica foi construida en 1989 para unir unhas pequenas illas próximas á costa. Algunhas das pontes que unen as illas elevan a estrada de forma abrupta sobre o nivel do mar, coa única finalidade de permitir o paso de barcos baixo elas.
A mais coñecida é a ponte de Storseisundet, da que se poden ver de cando en vez na intenet fotos manipuladas para magnificar a súa curvatura. Co tempo debeu espertar curiosidade entre os turistas e este interés aproveitouse para dotar de miradores e servizos varios lugares ao longo da estrada. Non só é interesante a enxeñería senon a paisaxe pola que transcorre a ruta, sempre pegada á costa, con moitos illotes e pequenos pobos de pescadores, diversas aves mariñas e relevo moi suave comparado co dos grandes fiordos.

Sen embargo en moitos puntos da costa noruega non hai mais opción que usar os ferris para dar continuidade ás estradas. A maioría se limitan a cruzar un fiordo ao ancho e a travesía dura 10 ou 20 minutos, aínda que hai traxectos máis longos. Cruzamos o círculo polar ártico a bordo do ferri que nos levou de Kilboghamn a Jektvik.

Glaciar Svartisen visto desde a estrada

De camiño tamén visitamos un sito con grabados rupestres duns 6000 anos de antiguidade, entre os que destacaba un reno a tamaño natural.

O reno de Bolareinen

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *