1 DE AGOSTO DE 2017

Un vento frío nos recibe no embarcadeiro do alongado lago Gjende, no parque Nacional de Jotunheimen. Alí collemos un barco que nos deixará na metade do lago, para retornar ao punto de partida logo dunha camiñata de varias horas. Xa desde o comezo imos acompañados por demasiada xente, feito que nos causa incomodidade durante toda a xornada. Non porque nos moleste a compañía, senón porque se formarán colas que nos farán esperar nos pasos mais complicados da subida, onde hai que trepar e agarrarse ás rochas para avanzar. A pesar destes tramos máis esixentes, familias noruegas con nenas, nenos e cans suben sen maior problema.

A medida que imos subindo, a vista sobre o lago vai gañando amplitude. Segue facendo frío, pero cando sae o sol avívase a cor turquesa da auga, consecuencia dos finos sedimentos glaciares que están en suspensión. A vista é moi bonita, por algo esta ruta é popular en Noruega desde mediados do século XX.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *