Estatua de Rolando na Marktplatz de Bremen |
Tras deixar Escandinavia, todavía nos quedaba cruzar Europa de regreso a casa e, para facer máis levadeiras as longas xornadas de coche, intercalamos algunha parada en lugares que nos pareceron interesantes e coincidían de camiño. Así, decidimos pasar unha tarde en Bremen, unha cidade do norte de Alemania cunha grande importancia comercial desde a Idade Media, aínda que quizáis sexa máis coñecida polo famoso conto dos irmáns Grimm, “Os músicos de Bremen”.
Na praza do mercado están o edificio do concello e a estatua de Rolando, ambos de estilo gótico de comezos do século XV, acompañados da catedral e outros edificios históricos, formando un conxunto moi bonito.
É curiosa a historia da Böttcherstraße, unha rúa de 100 m de lonxitude que foi reconstruida nos anos 20 polo magnate pro-nazi Ludwig Roselius, inventor do café descafeinado. Os antigos edificios en ruinas foron substituidos por outros cun estilo arquitectónico moi libre, coa intención de promover a arte e a ideoloxía nacionalista alemana.
Roselius solicitou a afiliación ao partido nazi pero foi rexeitado dúas veces porque a Hitler non lle gustaba o conxunto da rúa Böttcher, que acabou por ser declarado “arte dexenerado”. Coa intención de calmar a ira do Führer, as autoridades de Bremen colocaron na entrada da rúa unha placa alegórica na súa homenaxe.