5 DE XANEIRO DE 2018

Nun momento do século XV no que portugueses e españois tentaban tomar o control do norte africano, o Mulay Ali ben Rashid funda Chefchauen – tamén chamada Chauen ou Xauen – para defenderse mellor destes ataques. Esta pequena vila está situada nas montañas do Rif, unha cadea montañosa do norte marroquí cercana ao Mediterráneo.

Chefchauen recibeu varias oleadas de refuxiados musulmáns e xudeus procedentes de al-Ándalus tras a conquista de Granada. De ahí que o aspecto das rúas e casas garde semellanza cos pobos andaluces.

Durante moitos séculos a cidade foi un importante lugar santo e os cristiáns tiñan prohibida a entrada baixo pena de morte. En 1920, tras o tratado de Algeciras que repartía o actual reino marroquí entre España e Francia, os españois tomaron Chefchauen e atoparon que os xudeus sefardíes todavía falaban castelán medieval. Continuou baixo o poder español ata 1956, ano da independencia marroquí.
O máis característico da cidade antiga de Chefchauen é a omnipresente cor azul coa que se pintan e encalan casas, portas, escaleiras e parte do pavimento. Non deixa de resultar curioso como unha característica aparentemente trivial como unha cor uniforme acaba sendo un grande atractivo para o turismo.

 

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *