Amalfi é unha vila turística situada nun tramo de costa moi abrupto do mar Tirreno, ao sur do Golfo de Nápoles, coñecido por extensión como costa amalfitana. Durante a idade media Amalfi foi unha república independente moi poderosa, que dominaba o comercio no Mediterráneo xunto con outras repúblicas mariñeiras como Venecia, Pisa ou Xénova. En 1343 un terremoto na bahía de Nápoles provocou un tsunami que arrasou a costa amalfitana e destruiu gran parte da vila, rematando así co seu dominio comercial e político.
Catedral de Amalfi |
As rúas cubertas son características de Amalfi |
No século XIX a costa amalfitana fíxose coñecida como destino turístico e viñeron a ela artistas e bohemios que pasaron longas tempadas residindo nalgún dos seus pintorescos pobos. Mauritus C. Escher foi un deles, e nos seus debuxos e grabados hai paisaxes amalfitanas. Sorprendentemente, aínda que numerosos artistas son mencionados na publicidade turística, non hai ningunha cita a Escher e a súa obra.
Percorremos parte da costa camiñando polo Sentiero degli Dei, unha corta ruta de senderismo que une as vilas de Bomerano e Positano e que permite disfrutar da beleza da paisaxe sen ser molestados polo estresante tráfico que sofren as súas estreitas e retortas estradas.
Positano |