2 E 3 DE AGOSTO DE 2018
No noreste de Romanía sitúase Bucovina, rexión histórica que pertence a Moldavia e fai fronteira con Ucraína. É unha rexión rural, sen grandes centros urbanos, e son necesarias varias horas por estradas de montaña para chegar a ela desde Transilvania. A paisaxe é montañosa, moi verde, e moitos dos seus habitantes adícanse a agricultura e gandería tradicional, así como á extracción de madeira dos frondosos bosques.
O principal atractivo que a rexión ofrece aos viaxeiros son os mosteiros pintados do século XV e XVI. Como xa relatamos, esta rexión estaba baixo a constante ameaza dos turcos otomanos (musulmáns) e nesa época tamén estaban presionados polo reino de Polonia (católicos). O príncipe moldavo Esteban o Grande, para dar cohesión ao seu pobo, entendeu que era importante reforzar a identidade relixiosa dos seus habitantes (cristiáns ortodoxos), para o que promoveu a construcción de moitos mosteiros.
|
Mosteiro de Sucevita |
|
Mosteiro de Moldovita |
|
Mosteiro de Moldovita |
Pouco despois as igrexas destes mosteiros foron cubertas de frescos tanto no seu interior como no exterior. O obxectivo destas pinturas era explicar a relixión ortodoxa aos campesiños analfabetos. Os temas representados repítense bastante e abranguen desde grandes paneis co xuizo final ata a vida de diferentes santos locais narrada en viñetas con esceas explícitas dos martirios sufridos.
|
Mosteiro de Voronet |
|
Xuízo final no mosteiro de Voronet |
|
Martirio de San Xoán o Novo de Suceava. Mosteiro de Voronet. |
|
Escaleira ao ceo. Mosteiro de Sucevita. |
|
Asedio de Constantinopla. Mosteiro de Moldovita. |
Sorprendentemente, a maioría das pinturas do exterior están en bo estado, a pesar de levar 5 séculos á intemperie, polo que foron merecidamente recoñecidas como Patrimonio da Humanidade. No interior destas igrexas, salvo nunha, non se poden sacar fotos, supoñemos que para priorizar o uso relixioso do edificio sobre o uso turístico.
|
Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet. |
|
Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet. |
|
Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet. |
|
Detalle do Xuízo final. Mosteiro de Voronet. |
|
Detalle do Xuízo final no mosteiro de Voronet. Moisés guía aos turcos ao inferno. |
|
Interior da igrexa de Arbore |
|
Iconostasio na igrexa de Arbore |
|
Árbol de Xesé. Mosteiro de Sucevita. |