30 E 31 DE XULLO DE 2018

Nos séculos XII e XIII os reis de Hungría, que gobernaban en Transilvania, promoveron o asentamento de poboación alemana nese territorio para que fixeran de barreira contra as invasións dos pobos de oriente, a cambio de terras e beneficios fiscais. Coñecidos como os saxóns de Transilvania, este grupo mantivo unha identidade propia durante 8 séculos ata que en 1989, coa caída da dictadura de Nicolae Ceaucescu, os 250000 saxóns que quedaban marcharon para Alemania.
Desde a súa chegada e obrigados pola necesidade, os saxóns fundaron cidades e vilas cun marcado carácter defensivo, como Brasov e Sighisoara. Brasov ten un casco histórico formado por casas de cores pastel á beira dun denso bosque que domina sobre a cidade.

No século XV, os conflictos entre a élite saxona da cidade e Vlad Tepes foron resoltos por este último con matanzas de centos ou miles de persoas, parte delas empregando a técnica do empalamento que lle daría a fama que chegou a nosa época.

Sighisoara

Sighisoara conserva todavía as murallas e torreóns que contruiron para defenderse dos ataques turcos, e a cidadela interior parece non ter cambiado desde o medievo.

A torre do reloxo – como moitas outras desta rexión – está rematada por catro pequenas torreciñas nas súas esquinas, o que en Transilvania indica que a cidade tiña postestade para aplicar a pena capital.

Casa natal de Vlad Tepes en Sighisoara

A partires do século XV os ataques do imperio otomano eran tan frecuentes que as vilas de campesiños saxóns fortificaron as igrexas para poder defenderse. Construíronse muros inexpugnables entorno ás súas igrexas, e no interior habilitaron vivendas e almacéns para que toda a poboación puidera refuxiarse durante días en caso de ataque.

Igrexa fortificada de Prejmer
Igrexa fortificada de Viscri
Igrexa fortificada de Viscri

Na cara exterior os altos muros contaban con elementos característicos dun castelo: torreóns, foso con auga, acceso moi protexido, saeteiras para disparar e troneiras para arroxar líquidos fervendo.

Entrada á barbacana de Prejmer
Saeteiras e troneiras para disparar

A igrexa situábase no centro do recinto interior, mentres escaleiras e andares comunicaban numerosas habitacións e dependencias adosadas ao muro perimetral. En Prejmer, había 270 habitacións – unha para cada familia da aldea – repartidas en catro niveis que podían acoller a 1600 persoas. Existiron unhas 300 fortificacións deste tipo, das que se conservan a metade en bo estado e sete son Patrimonio da Humanidade.

Habitacións na igrexa fortificada de Prejmer
Igrexa fortificada de Harman
Igrexa fortificada de Harman
Igrexa fortificada de Viscri
Lápida na igrexa de Biertan

A posición privilexiada que a poboación saxona mantivo sempre respecto da rumana fíxose máis dificil de soster a medida que avanzaba a época contemporánea. Na década de 1930 alineáronse co nacionalismo de Hitler como xeito de resolver os seus conflictos, pero saiulles mal e ao final da II Guerra Mundial os saxóns do norte de Transilvania lograron fuxir a Alemaña mentres que a poboación do sur sufriu represalias moi duras pola súa posición colaboracionista. Os que sobreviviron a isto quedaron atrapados na Rumanía comunista ata que coa caída do rexime en 1989 fuxiron á que consideraban a súa patria. Nos anos 90 quedaron abandonadas as vilas dos saxóns, que pouco a pouco foron ocupadas pola poboación rumana.

A vila saxona de Biertan
Biertan

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *