20 E 21 DE ABRIL DE 2019

Dubrovnik é unha pequena cidade situada no extremo sur de Croacia, onde o país non é máis que unha estreita franxa de terreo que linda con Montenegro e Bosnia-Herzegovina. O casco antigo está rodeado por unha impoñente muralla, que lle da sona internacional e que recibe a máis de un millón de visitantes anuais.

Desde 1979 está na lista do Patrimonio Mundial da Humanidade, o que non impediu que a cidade fose asediada e bombardeada en 1991 por forzas serbias e montenegrinas. Tras as oportunas restauracións e a finalización das guerras, recuperou o seu papel de grande destino turístico no Mediterráneo.

A súa historia, vinculada ao comercio marítimo, iniciase cando se fortifica a pequena península de Ragusa, e alcanza o seu máximo esplendor entre os séculos XV e XVII. A pesares de estar rodeada de poderosos veciños – A República veneciana e o Imperio Otomano – conservou sempre a súa independencia grazas a unha astuta diplomacia. A República de Ragusa era un dos portos comerciais máis importantes do Mediterráneo cando este era o centro económico do mundo occidental.

En 1667 un grande terremoto afectou á cidade e destruiu tres cuartas partes dos seus edificios, marcando o inicio do seu declive. A invasión napoleónica de 1808 puxo fin á independencia da república e desde entón a historia de Dubrovnik quedou vinculada á do resto de Croacia.

Palacio do rector, que sobreviviu ao terremoto
Palacio Sponza, outro do escasos edicios anteriores ao terremoto

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *