Tras a nosa satisfactoria visita a Croacia hai uns meses, o resto de países que formaron a antiga Iugoslavia quedaron na lista de próximos destinos a visitar. Quixo a fortuna que a nosa mellor opción para viaxar durante o verán resultaran ser estes lugares, así que case sen darnos conta estamos outra vez nos Balcáns.
Desta vez voamos desde Oporto ata Treviso (en Italia, preto de Venecia), e alí alugamos un coche para desprazarnos por Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Albania, Croacia e Eslovenia, e se nos sobra tempo pasaremos por Macedonia do Norte e Venecia.
A nosa intención era comezar por Bosnia e Hercegovina, pero como a ruta pasaba moi preto dos lagos de Plitvice en Croacia, decidimos repetir a visita. Hai tres meses que estivemos alí, e xa relatamos daquela a nosa experiencia. O día fora neboento, húmido e frío e quixemos aproveitar a ocasión para ver os lagos con unha meteoroloxía mais favorable.
Lamentablemente, tocounos unha tarde con unha calor abafante, e unha luz dura que é moi mala para a fotografía. Quén o ía dicir, gustounos máis a primeira vez!