4, 5 E 6 DE AGOSTO DE 2019

Seguimos en Montenegro, e sen deixar atrás a paisaxe montañosa, chegamos ao Mar Adriático. Atopamos aquí unha xeografía semellante á da Dalmacia en Croacia, con illas e illotes achegados a unha costa recortada.

Tamén a historia é semellante, pois a República de Venecia dominou estes territorios por catro séculos e deixou unha extensa pegada na arquitectura civil e relixiosa. Arredor dos mellores portos medraron vilas e cidades grazas á actividade comercial, pero sempre viviron coa ameaza de ser conquistados polos veciños otomanos, polo que a maioría destas vilas teñen murallas e fortalezas.

Budva
Perast
Perast
Muralla de Kotor
Kotor
Kotor
Kotor

Sen embargo, quenes arrasaron varias veces estas poboacións foron os terremotos, sendo o máis recente en 1979.

Muralla do castelo de Stari Bar semiderruída por un terremoto
Restos do castelo de Herceg Novi derruídos por un terremoto

Hoxe a principal actividade económica é o turismo de sol e praia, semellante ao de calquera rexión mediterránea. A diferencia de España, aquí algunhas praias están privatizadas e son para uso exclusivo de clientes de hoteis de luxo ou para quen pague polo uso – entre 20 € e 90 € por día.

Sveti Stefan, unha illa convertida nun aloxamento de luxo
Sveti Stefan
Praia con entrada de 90 euros

Estivemos dous días percorrendo a bahía de Kotor, unha lingua de mar que se mete terra adentro dando lugar a unha sinuosa costa cercada por muros montañosos. A pesar do seu parecido, esta bahía non é un fiordo, senón que é un conxunto de vales fluviais inundados, é dicir, unha ría.

Bahía de Kotor
Bahía de Kotor
Bahía de Kotor desde a fortaleza

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *