DO 7 AO 12 DE XULLO DE 2021
Malta é un arquipélago sen apenas recursos naturais, pois non ten fontes de auga e o seu clima seco faino pouco propicio para a agricultura. As illas son de rocha caliza, hai moi poucas árbores e a maioría da súa superficie non serve para cultivar nada.
Sen embargo, a súa posición estratéxica no Mediterráneo central, a medio camiño entre Europa e África, entre Oriente e Occidente, fixo de Malta un lugar codiciado desde a Antigüedade ata ben entrado o século XX. Así, foron varios os pobos que ocuparon as illas maltesas despois dos constructores de templos do neolítico e cada un deles deixou a súa pegada nestas terras.

Fenicios, cartaxineses, romanos, bizantinos e árabes sucedéronse no dominio destas illas ata que finalmente acabáronse integrando no Reino de Sicilia, cuxo destino compartiron durante cinco séculos.
As embarcacións tradicionais maltesas remóntanse á época fenicia |
Domus romana |
Catacumbas cristianas de época romana |
Foron os cabaleiros da Orde de Malta quenes deixaron o legado más visible no arquipélago. No século XVI, o rei de España cedeulles as illas de Malta, Gozo e Comino a estes monxes-guerreiros a cambio do pago anual simbólico dun falcón maltés. En realidade, o que pretendía o monarca era que os cabaleiros serviran de contención contra os avances dos turcos otomanos no Mediterráneo. Para iso, levantaron murallas, fortes e torres vixía en puntos estratéxicos.
A Orde dos Cabaleiros foi expulsada da illa cando Napoleón conquistou Malta, que pouco despois pasou a ser controlada polo imperio británico ata a súa independencia en 1964. Dos 150 anos de dominio anglosaxón conservan o feito de conducir pola esquerda e manter o inglés como lingua oficial. Ademais fálase maltés, unha lingua semítica derivada do árabe que se escribe co alfabeto latino.
A cidade de La Valletta nace en 1566 da man dos Cabaleiros como resposta a un asedio turco no ano anterior. Foi dotada de murallas e fortificacións para soportar os frecuentes ataques dos otomanos. Fixose un planeamento urbanístico de antemán, cun trazado perpendicular nas súas rúas que maximiza a sombra e o refresco das brisas marinas. Todas as edificacións están feitas con sillares de rocha caliza, o que lle da un aspecto moi homoxéneo ás rúas.

Non hai nada particular que destaque na Valletta, pero a cidade amurallada, xunto co Gran Porto e as tres cidades que hai ao outro lado da bahía forman un conxunto no que paga a pena pasear sen rumbo durante unha xornada.
O resto dos 5 días que estivemos no país movémonos en coche polas dúas illas principais do arquipélago, Malta e Gozo. A primeira, sendo a de maior tamaño, só mide 27 km de lonxitude por 14 de anchura e concentra a maioría da poboación.
Acuario Nacional de Malta |
Acuario Nacional de Malta |
Entrada á cidade amurallada de Mdina |
Mdina |
Cruzando en ferri un pequeno estreito chégase a Gozo, que ten a cuarta parte da superficie. En 1551 os 5000 habitantes de Gozo, salvo os máis anciáns, foron capturados polos turcos e vendidos como escravos. Unha chama permanente na fortaleza de Cittadella serve como recordo deste feito.
Ao fondo, vista da Cittadella amurallada na illa de Gozo |
Catedral na Cittadella |
Ambas illas teñen unha paisaxe semellante e ofrecen atractivos naturais e sitios históricos moi parecidos. Case non hai praias de area pero a cambio hai moitas zonas de baño nos entrantes da costa rochosa. Grazas a transparencia e temperatura da auga, o snorkel é fácil e divertido e permite ver as pradeiras de posidonia endémicas do Mediterráneo.
Blue Grotto |
St Peter’s Pool |
En varios puntos da costa de Gozo hai salinas talladas na rocha que funcionaron desde época medieval ata hai unhas poucas décadas. Algunhas delas todavía están operativas aínda que a producción artesanal é moi pequena.
As rochas calizas das illas conteñen moitos fósiles |
En definitiva, paga a pena descubrir a intensa historia do pequeno arquipélago maltés e dedicar uns días a explorar os seus variados tesouros.