7 E 8 DE XANEIRO DE 2022.
Un total de 9 edificios modernistas de Barcelona foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Destes, 7 son obra de Gaudí. Os outros dous son o Hospital de la Santa Creu i Sant Pau e o Palau de la Música Catalana, do arquitecto Lluís Domènech i Montaner, considerado o pai do modernismo catalán.
A historia do hospital comeza noutro conxunto de edificios do casco antigo, o vello Hospital de la Santa Creu, un dos máis antigos de Europa e que foi o principal centro asistencial de Barcelona desde a súa fundación en 1401 ata a segunda década do século XX. Ocupaba un gran edificio gótico, todavía en pé, e sempre estivo dirixido por unha fundación con participación eclesiástica e civil.
A partir do século XIX, esta primeira sede do hospital comezou a quedar obsoleta. Xurdiu a necesidade de construir un novo centro hospitalario que fose capaz de asistir á cada vez máis numerosa poboación de Barcelona e que ao mesmo tempo facilitase o desenvolvemento das novas ideas e técnicas que comezaban a impoñerse na mediciña.
Plano do complexo hospitalario |
Lluís Domènech i Montaner foi o arquitecto elixido para construir nas aforas da cidade un novo hospital para persoas sen recursos. Dedicou varios anos a documentarse e visitar hospitais de toda Europa antes de comezar co seu ambicioso proxecto, que se financiou en boa medida coa enorme doazón do banqueiro Pau Gil i Serra. Tras a súa morte, Pau deixou a metade da súa fortuna para construir un novo hospital para as persoas que non podían pagar un médico. Este novo centro debería contar con todos os avances médicos e tecnolóxicos da época e debería adicarse a San Pablo (Pau en catalán). Por esta razón, o hospital pasou a denominarse Hospital de la Santa Creu y Sant Pau. As obras comezaron en 1902 e o flamante hospital foi inaugurado en 1930 polo rei Alfonso XIII. Desde ese momento, e ata o ano 2009 en que a actividade asistencial foi trasladada a un edificio moderno, o Hospital de Sant Pau foi un referente a nivel nacional.
Domènech i Montaner concebiu o novo recinto como unha cidade independente, con edificios distintos para cada especialidade médica, amplias rúas e xardíns para que os pacientes puidesen pasear nun entorno san e acolledor.
Tras cruzar a entrada, unha preciosa escaleira con balaustres de vidro recibe aos visitantes.
Pero cando se accede á sala de concertos é cando se percibe a verdadeira obra de arte que é este edificio. A arquitectura, a escultura, os mosaicos, a cerámica, o vidro e a forxa mesturanse alí onde poñas os ollos, facendo alarde da maestría en todas estas disciplinas creativas e inspirándose en elementos naturais como flores, froitas, palmas. Son impresionantes as columnas que se extenden polo teito como a cola dun pavo real.
O Palau segue funcionando como teatro e sala de concertos e tras unha ampliación recente pode acoller a 2000 espectadores. As obras de Domènech i Muntaner non son tan coñecidas para o gran público como as de Gaudí, pero sen dúbida ocupan por mérito propio un lugar priviliexiado na historia da arquitectura desta época.